Un hackathon para mellorar o código en ciencia e enxeñaría
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a empresa galega Appentra Solutions, S.L. levaron a cabo a cuarta edición do hackathon “CESGAHACK” no CESGA en Santiago de Compostela dende o lunes 25 e ata o venres 29 de marzo.
Un hackathon é un encontro de programadores de software co obxectivo de desenvolver software de modo colaborativo.
CESGA e Appentra Solutions, S.L. veñen organizando hackathons específicos centrados no desenvolvemento de software científico paralelizable para correr sobre supercomputadores ou para tirar proveito da arquitectura de potentes GPUs dende 2017.
O hackathon científico de cinco días tivo como obxectivo axudar aos científicos e desenvolvedores de aplicacións a acelerar o tempo de execución do software e a reducir o tempo que pasan codificando os complexos cálculos para poder centrarse na súa ciencia ou enxeñaría.
Para acadar estes obxectivos, os participantes tiveron acceso ao supercomputador FinisTerrae II no CESGA e a un equipo de mentores expertos na optimización, paralelización e execución de aplicacións de computación de alto rendemento. Os mentores veñen de Appentra, CESGA e da universidade alemana RWTH Aachen. Os participantes tamén empregaron a ferramenta Parallelware Tools Suite de Appentra que lles permite acelerar o ciclo de vida de desenvolvemento e identificar rápidamente oportunidades reais de paralelización, liberándoos así do proceso tedioso e tendente a erros da paralelización manual.
Nesta cuarta edición, o éxito foi rotundo por parte dos equipos participantes, que acudiron dende o “European Institute For Aviation Training and Accreditation” (EIATA-URJC), do Instituto de Física Fundamental do Consello Superior de Investigacións Científicas (IFF-CSIC), da Universidade Autónoma de Madrid, do grupo de investigación iRLab da Universidade da Coruña, así como da empresa privada con sede na comarca de Santiago de Compostela, MestreLab Research, S.L., adicada á investigación, desenvolvemento e comercialización de sistemas espectroscópicos, espectrométricos e cromatográficos, así como de ferramentas quimioinformáticas e quimiométricas con aplicación en industrias farmacéuticas, químicas e biotecnolóxicas e en institución académicas e gubernamentais.
Algunhas testemuñas de participantes son realmente motivadores: “Acadar este nivel de traballo pola nosa conta tería levado semanas de traballo e aquí conseguímolo nun par de días”, “Esto foi posible ademáis nun ambiente cálido con respostas moi rápidas por parte dos mentores”.
Equipos anteriores do CESGAHACK foron quen de reducir o tempo de execución do seu código a case 1/50 do tempo de execución inicial en tan só 5 días. Ao longo de estas edicións, os equipos viñeron dunha ampla variedade de países e áreas de coñecemento, así traballaron dende proxecto de predición de tsunamis, como EDANYA da Universidade de Málaga, ate o equipo da empresa galega Xesol Innovation que traballa na analise de patróns biométricos dos conductores para previr accidentes de tráfico.
A participación en CESGAHACK4 foi totalmente gratuita, e ademáis, un dos equipos gañou unha potente GPU que patrocinou a multinacional NVIDIA. Os equipos destacaron sobre todo o ambiente de colaboración e a dedicación dos mentores para axudarlles nas aplicacións, todas elas necesarias para resolver problemas do mundo real.
——–
Sobre Appentra: Appentra proporciona ferramentas de software que axudan á paralelización de software para computación en paralelo e de alto rendemento (HPC). O seu enfoque inclúe produtos de formación, programas e ferramentas para programadores expertos en paralelización co obxectivo de acelerar o ciclo de vida del desenvolvemento.
Sobre CESGA: O Centro de Supercomputación de Galicia, Fundación patrocinada pola Xunta de Galicia e o CSIC, ten a misión de contribuir ao avance do coñecemento científico-técnico, mediante a investigación e a aplicación de computación e comunicacións de alto rendemento, así como otros recursos de tecnoloxías da información. En colaboración con outras institucións, en beneficio da sociedade.