Webinar: Xenes, ambiente e saúde
Novo webinar da Rede Climántica ( Science, Education and Society) co apoio do Centro de Supercomputación de Galicia este venres 23 de abril ás 16:30 h.
Ciclo de webinars ‘Sabedoría xuvenil. Unha saúde: pandemias e cambio climático’.
Webinar aberto a centros educativos a cargo do Doutor Ángel Carracedo. O Dr. Carracedo é Catedrático de Medicina Legal na Universidade de Santiago (USC), Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII.
Esta charla divulgativa está dirixida a estudantes de secundaria.
Anuncio completo webinar e rexistro:
Máis información sobre a Red Climantica: