Computación Cuántica para o mundo real: avances actuais
Ruido mediático? Demasiado márketing ao redor de Quantum e, especificamente, a Computación cuántica? Que hai realmente detrás de todas estas mensaxes? Necesitas unha información veraz e útil?
Pregúntasche se algunhas das túas aplicacións actuais xa poderían beneficiarse de Quantum Computing na era NISQ (Noisy intermediate- scale quantum)? Necesitas que che acompañen nese importante avance para a túa empresa ou institución?
Se che asaltan estas preguntas, asiste aos webinarios do proxecto NEASQC para obter máis información sobre o estado actual da investigación, directamente da man de expertos recoñecidos nos seus respectivos campos.
O proxecto NEASQC, onde participan como socios o CESGA e a Universidade da Coruña, investiga sobre unha ampla selección de casos de uso do mundo real compatibles con NISQ, relacionados coa química, a aprendizaxe automática e a optimización, a intelixencia artificial e os algoritmos de grafos. Os socios académicos e industriais do proxecto aliáronse para desenvolver novas técnicas de software cuántico que permitan resolver eses casos de uso cunha vantaxe cuántica práctica. Para seleccionar os mellores enfoques, NEASQC relaciónase regularmente con outros entusiastas da Computación Cuántica. A súa máxima ambición é alentar e proporcionar conxuntos de ferramentas para que outras comunidades de usuarios europeas investiguen a computación cuántica sobre NISQ para os seus propios casos de uso.
Esta serie de webinarios son unha plataforma para aprender e interactuar cos mellores expertos nos campos cubertos polo proxecto. Non son só unha simple descrición xeral dos casos de uso de NEASQC.
Consulta o programa e inscríbeche nas sesións que che interesen! Os webinarios son gratuítos, a excepción do taller que se realizará durante a Conferencia EQTC. Todos os webinarios gravaranse e estarán dispoñibles posteriormente de forma gratuíta.
Máis información e rexistro:
https://www.neasqc.eu/neasqc-webinar-series/
Este proxecto recibiu financiamento do programa da Unión Europea para investigación e innovación Horizonte 2020 baixo o acordo Nº 951821.