Hoxe celébrase no CESGA unha xornada de formación, resultado do desenvolvido no proxecto europeo “BLEND: Developing and Testing innovative blended work based learning in VET” no que participa o CESGA como socio tecnolóxico. Nesta xornada de formación participan 20 formadores dos 6 centros de formación agroforestal da Consellería del Medio Rural (Guísamo, Becerreá, Sergude, Ribadeo, Monforte e Lourizán). No mesmo se traballarán metodoloxías de aprendizaxe mixtas con apoio de material multimedia interactivo e adaptado a tecnoloxías móbiles.