Xornada Técnica de Computación Cuántica CESGA
Nesta Xornada pretendemos axuntar grupos de investigación, centros de tecnolóxicos e empresas innovadoras para, xuntos, definir o futuro do sector.
Na mesma detallaremos as características técnicas do computador cuántico “Qmio” recentemente instalado en CESGA e presentaremos os nosos novos servizos de xeración de números aleatorios cuánticos.
Presentaranse proxectos relacionados tanto con computación como con comunicacións cuánticas.
Este encontro brinda unha oportunidade única para explorar a flexibilidade que estas tecnoloxías emerxentes ofrecen.
Se che interesan as tecnoloxías cuánticas, animámosche a que acudas presencialmente ou solicites ligazón para asistir por streaming.
