Xornadas de divulgación tecnolóxica: Simulación, Modelización e Big Data na Industria 4.0

Estas xornadas celébranse en distintos puntos de Galicia. Nelas infórmase ás PEMES das diferentes medidas postas en marcha por GAIN, IGAPE e o CESGA para impulsar o uso destas tecnoloxías. Tamén se fala dos beneficios da simulación numérica, a modelización e o Big Data, das tecnoloxías que se requiren para implantar estas novas solucións. Por último, preséntanse casos de éxito de empresas da nosa contorna que xa teñen implantadas estas solucións, e o servizo Re-Acciona TIC de mellora competitiva para PEMES galegas.

 

Data Lugar
20 de decembro do 2016 Ourense. TECNÓPOLE.
12 de xaneiro do 2017 Lugo. Confederación de empresarios de Lugo (Sede Central).
25 de xaneiro do 2017 Porriño. AIMEN.
9 de febreiro do 2017 Bergongo. Asociación de empresarios de Bergondo.
23 de febreiro do 2017 Santiago. Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

 

PROGRAMA

09.30h. Presentación Institucional
Servizos do CESGA e GAIN-CIS Galicia para o impulso da matemática industrial e a computación nas PEMES. GAIN
Servizos Re-Acciona TIC de mellora competitiva para PEMES galegas: Xeración de Modelos e Simulación Industrial. IGAPE
09:45h. Simulación numérica e análise de datos. Beneficios para a PEME CESGA
10.00h. Tecnoloxías necesarias: hardware, software e aplicacións. Requirimentos para a súa implantación. CESGA
10.15h. Casos reais de empresas que xa apostaron pola implantación destas tecnoloxías. CESGA
10.30h. Casos de éxito cara unha industria 4.0 grazas ás tecnoloxías Big Data & MSO (Modelización, Simulación e Optimización). ITMATI
10.45h. Servizo Re-Acciona TIC de Xeración de Modelos e Simulación Industrial. SOLTEC

Para mais información, Teléfono: 981 337 133, e-mail: cisgalicia.gain@xunta.es.

Xornadas de divulgación tecnolóxica: Simulación, Modelización e Big Data na Industria 4.0