Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Xulio 2018

  • díxitos Julio 2018

  • CESGA ICTS

Servidor de mapas

O servidor de cartografía do CESGA crea e serve mapas dinámicos creados en proxectos desenvolvidos pola Area SIX. Estes mapas permiten ao usuario a máxima interacción coa información xeográfica, accédese a información no seu formato orixinal de maneira que é posible realizar consultas como as que faría un GIS.

Un servidor de mapas funciona enviando, a petición do usuario desde o seu navegador,unha páxina cunha cartografía asociada en formato de imaxe. Podemos dicir que un servidor de mapas é, un GIS a través de Internet. Ademais de visualizar os mapas pódese interactuar con eles con operacións como zoom, panzoom, procura selectiva ou consultar información de base de datos asociada.

Mapa de Monitorización de distribución de Vespa velutina

Resultados e características dos modelos de predicción da distribución potencial futura producto das actividades específicas do servizo de ”Modelización automatizada da distribución espacial da especie invasora Vespa velutina en Galicia”. Este proxecto foi financiado pola Deputación da Coruña e creado por Luis Rodríguez Lado, Investigador do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela.

Proxecto PHENOLOGIT

Plataforma de información ambiental educativa creada de forma colaborativa, co apoio de tecnoloxía móbil máis actual e Tecnoloxías de Información Xeográfica ( TIG) para que sexan utilizadas por profesores e estudantes nos centros de primaria e secundaria en catro paises da UE.

Proxecto iSEAS

iSEAS , e un proxecto europeo cofinanciado polo Programa LIFE+ENVIRONMENT da Unión Europea. O principal obxectivo do proxecto LIFE iSEAS é demostrar que un escenario sostible (en termos de indicadores biolóxicos e socioeconómicos) é posible nas pesqueiras da UE. Este obxectivo poderase conseguir mediante a mellora da posta en práctica tanto dos coñecementos existentes coma de solucións innovadoras para a redución e xestión dos descartes pesqueiros.

Proxecto Estrimnides (A ruta das Estrímmides. Comercio Mediterráneo e Interculturalidade no Noroeste de Iberia)

Proxecto do plan nacional de I+D+i do Mministerio de Ciencia e Innovación que levouse a cabo conxuntamente co Grupo de Estudos do Noroeste GEPN da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Sevilla. Nela, fíxose unha revisión do estudo das relacións comerciais na antigüidade entre o sur e o noroeste da península. Os resultados pódense consultar desde un xeovisor na fase de desenvolvemento, onde se recollen datos sobre material de importación de diferentes depósitos da Idade de Ferro do Noroeste Peninsular.

Proxecto PROPSOLOS

Proxecto do programa investigadores emerxentes financiado pola Xunta de Galicia. A finalidade do proxecto é establecer unha base cartográfica de propiedades de horizontes superficiais dos solos de Galicia, entre as que se inclúen textura do solo, contido en carbono orgánico e contido en metais traza. Posto que o clima é un importante factor que condiciona a distribución das propiedades dos solos, ata o momento realizouse un Atlas Climático Dixital de Galicia utilizando modelos lineais non estacionarios, a moi alta resolución, que servirá de información auxiliar para a estimación da variabilidade espacial das citadas propiedades de chans en Galicia.

Proxecto FAROS

Faros (o acrónimo para Integral Networking of Fishing Sector Actors to Organize a Responsible, Optimal and Sustainable Exploitation of Marine Resources), é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa LIFE+ENVIRONMENT da Unión Europea, que persegue desenvolver e implementar unha rede para a xestión eficiente e integral dos descartes e as capturas accesorias, que implique a todos os actores do ámbito pesqueiro (frotas, portos, lonxas, industrias procesadoras, transformadoras e valorizadoras, etc...)

Proxecto IDEPATRI

Proxecto para Deseño e desenvolvemento dun modelo de datos para unha Infraestructura de Datos Espaciáis arqueolóxica da Idade de Ferro no Noroeste Ibérico.

Mapa de Polígonos Industriáis en Galicia e Norte de Portugal

Emprazamento e información sobre Polígonos Industriáis en Galicia e Norte de Portugal. Mapa feito dentro do marco do Proxecto Consolida.

Descobre o GIS. Proxecto Terra

Contido Xeográfico para o proxecto educativo Terra.

O CESGA ofrece aos seus usuarios a posibilidade de desenvolver un servidor de mapas específico con datos alfanuméricos própios, co fin de servilos en Internet ou nunha Intranet.